3.5 SANTOS E SANTUARIOS

3.5 Santos e santuarios

San Andres de Teixido

O santo apóstolo San Andrés, que se atopaba naquel arredado curruncho, isolado e senlleiro, andaba decote tristeiro de ver as grandes peregrinacións que de toda as partes do mundo cristián ía camiño de Compostela para facer oración diante do sartego de Santiago, malia das penalidades que tiñan que sufriren, en troques o sea santuario víase baleiro, malia que facía tamén milagres e sandaba malados que seían incurables sen a súa axuda protectora.
E disque, di a lenda, o bo do Santo Andres percorría os camiños vagarosamente, e diriamos que un pouco amuado sen non for santo; pero se non amuado, moi contento non habia andar tampouco.
Un día, no decurso dunha das súas longas camiñadas en que ía cavilando na súa pouca sorte, achouse supetamente ante Noso Señor que viñera á nosa terra para ver como andaban as cousas, e ao velo el Señor preguntoulle:
-Véxote tristeiro, Andrés, que é o que che acontece?
E San Andrés aproveitando o ensexo, respondeulle:
-Divino Mestre: ando tristeiro porque, vexo que de todo o mundo veñen centes a visitar o teu discípulo Santiago, que está en boa terra e ten bos camiño para chegaren onda el; e sofren e padecen longos dás das lonxanas romaxes...

E con toda a humildade engadiu:
-En troque ninguén vén a pé de min; o meu santuario está decote vougo, como se non for tamén o voso discípulo non menos fiel e celoso do ben para tódolos homes
Noso Señor, amerceado e ollándoo con agarimo, díxolle entón:
-Dis ben, Andrés , e ti non has ser menos do que Xacobe. De hoxe en adiante prométoche que ninguén ha entrar no ceo sen ter visitado o teu santuario, polo menos unha vez na vida; e aquel que non o fixer de vivo facerao despois de morto
E así foi, e por eso dise:
A San Andrés de Teixido,
Vai de morto o que non vai de vivo


















DA ROMAXE A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

Van uns mozos de romaxe a S.Andrés de Teixido. No camiño atopan unha caveira, un deles dálle un puntapé e os outros animados polo exemplo, axudan, levándoa deste xeito ata preto do Santuario. Cando xa non lles falta moito para chegar ó cabo da súa excursión, un dos peregrinos di de deixala; pero contesta outro compañeiro: “Xa que queda pouco camiño, levémola ata alá e aínda podemos convidala a comer connosco”. Chegan a S.Andrés; e alí a caveira tórnase por completo en cabeza de cristián e dilles aos mozos: “Moitas grazas, meus amigos, pois coa vosa axuda puiden chegar ata aquí e desta maneira facer a romaxe que non fixen en vida”.